Concellodoporrino.net

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO MUNICIPAL O DÍA 29 DE NOVEMBRO DE 2.010. ACTA 10/10-------------------------------------------------------------- No Concello de O PORRIÑO (PONTEVEDRA), no salón de sesións da casa consistorial, as 18 horas do día 29 de Novembro de 2.010, reúnese o Pleno da Corporación Municipal,baixo a presidencia do Sr. Alcalde ,Don JOSE NELSON SANTOS ARGIBAY, para celebrar en primeira convocatoria a sesión ordinaria convocada previamente no xeito legalmente establecido -DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS-DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS-DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO-DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ-DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN-DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO Con posterioridade ó escomenzo da sesión incorporouse ó salón de sesións DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ. Actúa de Secretario,o titular da Corporación Don EDUARDO PORTELA FERNANDEZ. Asiste o Interventor Xeral da Corporación DON MIGUEL GONZALEZ LÓPEZ MOSQUERA. Unha vez comprobada a existencia do quorum necesario para a súa celebración ,polo Sr.Presidente declarase aberta a sesión procedéndose ó exame dos asuntos incluidos na orde do día.
1 º)DACIÓN DE CONTA DECRETOS DE ALCALDÍA.-
Pola Presidencia dase conta dos Decretos dictados pola Alcaldía dende a derradeira sesión do Pleno Corporativo comprendendo Decretos dictados dende o día 9 de Setembro de 2.010. O Pleno Corporativo dase por enterado dos Decretos dictados pola Alcaldía.
2 º)DACIÓN DE CONTA DE INFORME TRIMESTRAL DE
INTERVENCIÓN E TESOURERÍA EN APLICACIÓN DA LEI 5/2.010-
Toma o uso da palabra o Alcalde para dar conta do informe trimistral elaborado polos departamentos de Intervención e Tesourería en aplicación da Lei 5/2.010 no que se fai constar o listado de facturas rexistradas do 1 de Xaneiro de 2.010 ate o 7 de Xulio de 2.010 por un total de 1.029.672 euros, así como as facturas rexistradas con anterioridade ó 1 de Xaneiro de 2.010 e a indicación de proceder á tramitar un expediente de prescripción de facturas por un importe total de 4.604.203 euros.
O Pleno Corporativo dase por enterado dos informes emitidos pola Intervención e a Tesourería Municipais.
3 º)APROBACIÓN DEFINITIVA DA ORDENANZA MUNICIPAL
REGULADORA DOS SERVIZOS URBÁNS DE TRANSPORTE EN
AUTOMOVEIS LIXEIROS “TAXIS”.-

Toma o uso da palabra DON JOSÉ MANUEL JACOBO VAZQUEZ do grupo municipal de Cidadáns por Porriño para dar conta do dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda de 26 de Novembro de 2.010 e das modificacións anunciadas en Comisión Informativa das que se propón á sua inclusión na ordenanza.
“1º)Desestimar as alegacións presentadas.
2º)Aprobar definitivamente a modificación da ordenanza reguladora dos servicicos urbáns de transportes en automobeis lixeiros (taxis).
3º)Publicar o texto íntegro da citada ordenanza no Boletín Oficial da Provincia, entrando en vigor o día seguinte da sua publicación e permanecendo en vigor ata a sua modificación ou derogación expresa.” Propones a inclusión das seguintes modificacións no texto da ordenanza: 1º)No artigo 24,4º se introducirá a seguinte expresión: “Serán de cor branca ou gris plata”.
2º)No artigo 24,5º e 24,6º se introducirá a seguinte expresión: “O número da licencia deberá figurar dentro do escudo.
3º)No artigo 24,9º se introducirá a seguinte expresión: “Se establece un período transitorio para o cambio do vehículo non superior 4º)No artigo 24,10º se introducirá a seguinte expresión: “Se concederá un período transitorio máximo de 6 meses dende a entrada en vigor da esta ordenanza para a instalación do taxímetro ós vehículos con licencia en vigor á data de entrada en vigor desta ordenanza”.
5º)No artigo 64,3º se introducirá a seguinte expresión: “Se establece unha cuantía de 100 euros para as multas leves, 200 euros para as graves e 400 euros para as moi graves”.
De seguido, intervén DONA OBDULIA DINIZ CARLOS do grupo municipal do B.N.G. para significar que non está incorporado ó expediente o listado das licencias de taxi e a determinación da cor do vehículo. Asimesmo, da intervención do concelleiro delegado semella que non vai a existir unha única cor polo que anuncia a abstención do grupo municipal do B.N.G. En todo caso, pide que o asunto quede sobre a mesa para que se estudien en Comisión Informativa as novas tarifas.
Intervén DON MANUEL CARRERA PUNZÓN para anunciar o voto a A Continuación, inervén DON NICOLÁS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN do grupo municipal socialista para significar que considera necesaria a a ordenanza pera preferíría que existirá unha soa cor polo que anuncia a abstención do seu grupo.
De seguido, intervén DON MARCELINO COTO TRONCOSO do grupo municipal de Independentes de O Porriño para anunciar o voto a favor do seu grupo.
Contesta DON JOSÉ MANUEL JACOBO VAZQUEZ para significar que non procede falar de tarifas porque coa presente ordenanza só se aproba unha regulación da prestación do servicio. Será cando se aprobe a ordenanza fiscal cando o Pleno debatirá e votará o réxime tarifario da prestación do servicio.
A continuación, o Alcalde somete a votación a petición de que o asunto quede sobre a mesa resultando rexeitada co seguinte resultado.
-DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS-DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS -DON JOSÉ NELSON SANTOS ARGIBAY--DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ-DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN -DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO A continuación, o Alcalde somete a votación o dictame da Comisión Informativa coas enmendas parciais propostas que resulta aprobadas co seguinte resultado.
-DON JOSÉ NELSON SANTOS ARGIBAY-DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ-DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN -DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS-DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS-DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO -DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO 4 º)APROBACIÓN DEFINITIVA DA ORDENANZA MUNICIPAL
REGULADORA DE CONVIVENCIA CIDADÁN, LIMPEZ DE VIAS
PÚBLICAS E RECOLLIDA DE RESIDUOS.-

Toma o uso da palabra DON JOSÉ MANUEL JACOBO VAZQUEZ do grupo municipal de Cidadáns por Porriño para dar conta do dictame da Comisión Informativa de 26 de Novembro de 2.010 co seguinte contido.
“1º)Desestimar as alegacións presentadas polo grupo municipal Socialista.
2º)Aprobar definitivamente a modificación da ordenanza municipal de convivencia cidadán e limpeza de vias públicas e recollida de residuos.
3º)Publicar o texto íntegro da citada ordenanza no Boletín Oficial da Provincia entrando en vigor ó dia seguinte da sua publicación e permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa”. Indica tamén que a vista do informe de Secretarí farase constar no artigo 11 á normativa vixente en materia de Tráfico e Circulación de Vehículos a motor.
Contesta DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ do grupo municipal do B.N.G. para indicar que tanto no acordo de aprobación inicial como na Comisión Informativa pediron informe xurídico sobor dalgunhas cuestións relativas ó tratamento de diversos residuos perigosos, clínicos ou os productos alimenticios caducados provintes dos supermercados nos que o Concello asume a responsabilidade da sua xestión. Xa que logo, pide a retirada do asunto da orde do día en tanto non conste informe xurídico sobor destas cuestións.
De seguido, intervén DON MANUEL CARRERA PUNZÓN do grupo municipal popular para anunciar o voto a favor do seu grupo.
Intervén DON JOSÉ MANUEL JACOBO VAZQUEZ para dar lectura do artigo relativo á xestión dos residuos clínicos e indicar que non semella incurrir en ningún tipo de ilegalidade toda vez que o texto da ordenanza non coarta a competencia da Xunta de Galicia e dos xestores autorizados para proceder ó tratamento destes residuos.
A continuación, intervén DONA MARÍA DO CARME SIO LOURIDO para indicar que non se pode permitir que os veciños sacudan alfombras e manteis sobor da rua pública; asimesmo considera que o importe das infraccións leves é moi elevado polo que pide a sua reducción tal e como consta na alegación presentada.
Contesta DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ para reiterar que o Concello non pode regular por ordenanza a retirada de residuos clínicos, perigosos ou as conservas caducadas dos supermercados porque esa función correspóndelle á Xunta de Galicia e ós xestores autorizados, non sendo unha cuestión de competencia municipal.
Intervén DON JOSÉ MANUEL JACOBO VAZQUEZ para reiterar que a ordenanza establece unha remisión xenérica á normativa autonómica e o goberno municipal coñece perfectamente a competencia autonómica sobor da xestións de residuos e a imposiblidade de que o Concello sexa un xestor de residuos. En todo caso, os artigos citados establece a posibilidade para o Concello de controlar os verquidos de todo tipo que se xeneran no término municipal.
A continuación, o Alcalde somete a votación a petición de que o asunto quede sobre a mesa resultando rexeitada co seguinte resultado.
-DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS-DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS-DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO-DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO -DON JOSE NELSON SANTOS ARGIBAY-DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ-DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN A continuación, o Alcalde somete a votación o dictame da Comisión Informativa e a modificación proposta que resulta aprobada co seguinte resultado.
-DON JOSÉ NELSON SANTOS ARGIBAY-DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ-DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN -DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS-DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS-DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO-DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO 5 º)APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA
REGULADORA DA TAXA POR INSTALACIÓN DE POSTOS,
BARRACAS, CASETAS DE VENDA, ESPECTÁCULOS, ATRACCIÓNS OU
RECREO, SITUADOS EN TERREO DE USO PÚBLICO MUNICIPAL, ASÍ
COMO INDUSTRIAS NA RUA E AMBULANTES E RODAXE
CINEMATOGRÁFICO.-

Toma o uso da palabra DON JOSÉ MANUEL JACOBO VAZQUEZ do grupo municipal de Cidadáns por Porriño para dar lectura do dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda co seguinte contido.
Primeiro:Modificar o apartado I.a) do Anexo da Ordenanza reguladora da taxa por
instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos , atraccións ou recreo
, situados en terreo de uso público municipal, así como industriais na rúa e
ambulantes e rodase cinematográfica, no sentido que se recolle a continuación:
a) Postos para a vena de xéneros e calquera outro na vía pública do centro Segundo: Someter o expediente a exposición pública mediante publicación no
Boletín Oficial da Provincia, Taboleiro de Edictos do Concello en un dos diarios de
maior circulación da Provincia, durante o prazo de trinta días contados a partires da
data de publicación do anuncio no BOP ao efectos de que os interesados presenten as reclamacións, alegacións e suxestións que teñan por convenientes.
Terceiro: En caso de non presentarse reclamacións, este acordo provisional
entenderase definitivo, procedéndose á súa publiación no Boletín Oficial da
Provincia, de presentarse modificacións, unha vez aprobadas, entrarán en vigor ó
día seguinte da súa publicación no BOP e permanecerán en vigora ata a súa
modificación ou derrogación expresa.“.
A continuación, toma o uso da palabra DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ do grupo municipal do B.N.G. para pedir a retirada do asunto da orde do día polas manifestacións realizadas polo Alcalde no senso de que manifestou en prensa que esta medida económica non entrará en vigor ate que teña un diálogo cos veciños e entidades afectadas. Considera que estas afirmacións son ilegais porque o Alcalde non pode impedir que unha disposicions de carácter xeral teña vixencia en tanto non teña un diálogo con particulares.
Contesta DON JOSÉ MANUEL JACOBO VAZQUEZ indicando que estas ordenanzas entrarán en vigor a 1 de Xaneiro de 2.011.
A continuación, intervén DON NICOLÁS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN do grupo municipal socialista para sinalar que os que antes decian que non se podian subir os impostos agora gobernan e advirten da necesidade das subas. En todo caso, considera que a suba e excesiva para realizala de golpe nunha soa anualidade polo que anuncia a abstención do seu grupo.
Contesta DON MARCELINO COTO TRONSOCO do grupo municipalde Independentes de O Porriño para sinalar que a taxa de 1,32 euros/m2 non é excesiva á vista da existente noutros concellos limítrofes como Tuy, Ponteareas ou Baiona polo que anuncia o voto a favor do seu grupo.
Nestes intres incorporase ó salón de sesións DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ do grupo municipal socialista.
A continuación, o Alcalde somete a votación a petición de que o asunto quede sobre a mesa resultando rexeitada co seguinte resultado.
-DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS -DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS-DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO-DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO -DON JOSE NELSON SANTOS ARGIBAY-DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ-DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN A continuación, o Alcalde somete a votación o dictame da Comisión Informativa e a modificación proposta que resulta aprobada co seguinte resultado.
-DON JOSÉ NELSON SANTOS ARGIBAY-DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ-DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN -DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS-DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS-DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO -DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO 6 º)ALTA NO INVENARIO MUNICIPAL DE CAMIÑOS PUBLICOS
SITUADOS EN NÚCLEO RURAL NOS LUGARES DE CARRACIDO E
MOSENDE.-

Toma o uso da palabra Don Marcelino Coto Troncoso para dar conta do dictame da Comisión Informativa de Urbanismo de data 26 de novembro de 2010.
“1. APROBAR A ADENDA Ó INVENTARIO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS EN NÚCLEOS RURAIS REDACTADO POR LAGARES ENXEÑERÍA S.L. EN NOVEMBRO DE 2010 QUE TEN POR OBXECTO A INCLUSIÓN DE CAMIÑOS QUE FIGURARÁN NA MESMA.
2. SOMETER O EXPEDIENTE A INFORMACIÓN PÚBLICA POR UN PRAZO DE 30 DÍAS MEDIANTE PUBLICACIÓN NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA, TABOLEIRO DE EDICTOS DO CONCELLO E UN DOS PERIÓDICOS DE MAIOR TIRADA DA PROVINCIA.
O CONTIDO DA ADENDA, COMPRENDE OS SEGUINTES CAMIÑOS: CAMIÑO PÚBLICO SITUADO EN CARRACIDO (Nº 1003)CAMIÑO PÚBLICO SITUADO EN MADORRAS (Nº 4501)” Sometido o dictame a votación resulta aprobado cos votos favorables da UNANIMIDADE dos membros presentes do pleno Corporativo.
7 º)CONTROL POLÍTICO DOS ÓRGANOS DE GOBERNO
MUNICIPAL.-
Toma o uso da palabra o Alcalde para preguntar para preguntar en cumprimento do disposto no artigp 91,4º do Regulamento de Organización, Funcionamento e réxime xurídico das Corporacións locais si algún grupo político da corporación desexa someter á consideración do Pleno Corporativo algún asunto non incluido na orde do día por razóns de urxencia.
1 º)MOCIÓN DOS GRUPOS POLÍTICOS DA CORPORACIÓN DE
CONDENA POLA SAIDA DO CONCELLO DE O PORRIÑO DAS
FAMILIAS ADICADAS Á VENDA AMBULANTE.-

Toma o uso da palabra o Alcalde para dar lectura da moción co seguinte “Circunstancias recentes que todos temos que lamentar, teñen provocado que na semana pasada un número de familias porriñesas, probablemente mais de cen, teñan abandonado as súas vivendas e iniciaran un éxodo cara outros concellos de fora de Galicia.
Estas familias teñen a súa base de subsistencia na venta ambulante.
Este éxodo de porriñeses inclúe a totalidade das persoas que conforman as citadas familias, tanto persoas menores como maiores de idade.
A súa falta xa se fixo notar tanto nos espazos urbanos como nas institucións públicas, nomeadamente os centros educativos, e se notará a partir de hoxe no mercado porriñés, como se notou nos mercados de localidades próximas celebrados na pasada fin de semana.
O Concello do Porriño non pode facer ouvidos xordos a esta problema humano que non sería tolerable no caso de que afectara a unha soa persoa pero máis aínda cando se multiplica por un número tan importante de veciños e veciñas.
E polo que todos os grupos municipais do Pleno deste Concello ACORDAN POR UNANIMIDADE POR TODOS OS COMPOÑENTES 1º)Manifestar o noso apoio ás familias porriñesas que se viron envolveitas nesta situación e tiveron que deixar os seus fogares así como manifestar o noso desexo de que rematen axiña as circunstancias que lles obrigaron a tomar esta decisi6n comprometéndose a facer todas as xestións necesarias urxentemente para que esta situación remate canto antes e non se repita no futuro.“ Sometida a votación a declaración de urxencia e inclusión na orde do día resulta aprobada cos votos favorables da UNANIMIDADE dos membros presentes do Pleno Corporativo.
Sometida a moción a votación resulta aprobada cos votos favorables da UNANIMIDADE dos membros presentes do Pleno Corporativo.
2 º)MOCIÓN DOS GRUPOS POLÍTICOS DA CORPORACIÓN DE
CONDENA DA ACTUACIÓN VIOLENTA DO GOBERNO DE MARROCOS
NOS SUCESOS DE EL AIUM.-

Toma o uso da palabra o Alcalde para dar lectura da moción co seguinte “Os recentes sucesos acaecidos na cidade saharaui de EI Aium, tras o asalto ó “Campamento Justicia e Dignidade", no que en máis de 2.000 jaimas vivían 20.000 saharauis en actitude de protesta non violenta, por mor da situación de falta de dereitos e de emprego na súa propia terra, e asaltado por efectivos policiais e militares marroquís, descoñecéndose a día de hoxe, o número de mortos e feridos derivado do asalto e da posterior operación de castigo contra os saharauis residentes en EI Aaiun, representa un acto indigno dun país democrático e respectuoso cos dereitos humanos e coas resolucións das Nacións Unidas para a resolución do conflito no Sahara Occidental recollidas nos Plans Baker I e Baker II, e recoñecidos internacionalmente.
Con esta moción, pretendemos tamén condenar o asasinato do mozo saharaui de 14anos, Nayem Elgarhi, así como polos mortos producidos durante o asalto ó campamento, e amosa a súa condena á crecente escalada de represión que sufre o pobo saharaui nos territorios ocupados do Sahara Occidental.
Ademáis, esiximos a Marrocos que asuma as súas responsabilidades co proceso de autodeterminación da antiga colonia española e ó goberno de España, a que faga todo o posible para garantir a seguridade do pobo saharaui e o proceso aberto en Nacións Unidas sobre o proceso de autodeterminación dos territorios saharauis ocupados por Marrocos.
Asemade, esiximos á Unión Europea (UE) que tome as accións necesarias para a realización urxente dun referendo de autodeterminación do Sahara Occidental que posibilite o cumprimento das resolucións de Nacións Unidas e dos Dereitos Humanos do pobo saharaui.
É por elo, que queremos propoñer ó pleno, a adopción do seguinte acordo:  Condenar os sucesos acaecidos na cidade saharaui de EI Aium pola actitude
violenta de Marrocos.
Esiximos ó goberno de España que condene os actos producidos en EI Aium,
solicite unha investigación oficial e esixa a Marrocos a libre entrada ós
territorios ocupados do Sahara á prensa española e internacional en condicións
de liberdade.

Esiximos así mesmo á UE que traslade a Marrocos o seu malestar polos sucesos
acaecidos e impulse xunto coas Nacións Unidas, o proceso de
autodeterminación no Sahara, tal e como recoñecen as directivas e o dereito
internacional vixente neste asunto.”
.
Sometida a votación a declaración de urxencia e inclusión na orde do día resulta aprobada cos votos favorables da UNANIMIDADE dos membros presentes do Pleno Corporativo.
Sometida a moción a votación resulta aprobada cos votos favorables da UNANIMIDADE dos membros presentes do Pleno Corporativo.
3 º)MOCIÓN DOGRUPO MUNICIPAL DO B.N.G. SOBOR DE
UTILIZACIÓN DA CASA DA CULTURA E CENTRO NEURAL COMO
CENTRO DE CELEBRACIÓN DE CHARLAS INFORMATIVAS.-

Toma o uso da palabra o Alcalde para dar lectura da moción co seguinte “A comunicación dos cargos electos coa cidadanía e imprescindible para garantir uns niveis máis acaídos de democracia.
Esta comunicación pódese facer de xeito individual ou colectivo.
O Concello do Porriño conta con locais públicos que son acaídos para as reunións de carácter colectivo e que se poden escoller segundo tamaño e situación.
A Casa da Cultura, no centro urbano, e o Centro Neural, en Tomeiros, son dous locais que entran perfectamente nas condicións referidas anteriormente.” É polo que, o noso grupo municipal, solicita do Pleno da Corporación a 1º)Declarar como espazos para uso de charlas informativas dos grupos da corporación municipal a Casa da Cultura e o Centro Neural de Tomeiros.“ Sometida a votación a declaración de urxencia e inclusión na orde do día resulta rexeitada co seguinte resultado.
-DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS-DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS-DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO-DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO-DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ -DON JOSE NELSON SANTOS ARGIBAY-DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ -DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN 4 º)MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO B.N.G. SOBOR DA
DEFENSA DO SERVICIO DE NOITEBUS.-
Toma o uso da palabra o Alcalde para dar lectura da moción co seguinte “O PP, a través da Xunta de Galicia, vén de anunciar a súa intención de suprimir o servizo coñecido como Noitebus. Esta iniciativa, posta en marcha na pasada lexislatura, forma parte das actuacións destinadas a mellorar a seguranza viaria e reducir a sinestralidade, cubrindo as necesidades de desprazamento nocturno da mocidade. A demanda a que rexistrou desde a súa posta en funcionamento dan boa mostra de que é un servizo necesario do que non se pode prescindir.
É lamentable, á par que unha irresponsabilidade, escoitar do Presidente do Goberno Galego que "este é un servizo que resulta innecesario nun momento de dificultades económicas", cando persoas expertas nesta materia fixeron público o seu desacordo nestes mesmos días. A propia Dirección Xeral de Tráfico (DGT) afirma que "este servizo ten demostrado a súa eficacia, ademais de contribuír a eliminar vítimas e a concienciar sobre a condución segura". Tamén a plataforma Stop Accidentes uniuse a estas manifestacións para cualificar a pretensión do goberno do PP de "desastre", para engadir que "sempre é mais barato previr que lamentar".
O BNG considera un auténtico desatino a intención do PP e o anuncio feito polo Presidente da Xunta. Os fondos destinados a previr os accidentes e dar servizos á xente nova non poden considerarse un dispendio. Por outra parte o custe do servizo é perfectamente asumible pola Xunta de Galiza. No ana 2010 a Xunta dedicou ao Noitebus pouco máis de 4,5 millóns de euros, unha cifra que representa o 0,5% do orzamento da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Un investimento moi inferior ao gasto que o goberno do PP está a facer en propaganda e publicidade dende a Xunta de Galicia. O normal é que os recortes se realicen no ámbito da propaganda e non en servizos que cumpren unha función social evidente. A Xunta de Galicia debe rectificar esta decisión e manter o funcionamento dun servizo que ten demostrado a súa necesidade e utilidade.
Polo exposto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación ACORDO: Instar á Xunta de Galiza a manter o funcionamento do
servizo de transporte público nocturno a lugares de lecer (Noitebus), sen aplicar
ningunha redución das rutas existentes e mellorando a súa dotación e
funcionamento no conxunto do territorio galego.

Sometida a votación a declaración de urxencia e inclusión na orde do día resulta aprobada cos votos favorables da UNANIMIDADE dos membros presentes do Pleno Corporativo.
Toma o uso da palabra DON MANUEL CARRERA PUNZÓN do grupo municipal popular para anunciar o voto en contra do seu grupo.
Intervén DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN do grupo municipal socialista para anunciar o voto a favor do seu grupo e sinalar que as veces hai que sairse da disciplina de partido cando algo non é positivo para os intereses dos veciños.
Intervén DON MARCELINO COTO TRONCOSO para sinalar que o seu grupo presentou moitas mocións que eran beneficiosas para os veciños de O Porriño e que o bipartito votou en contra por seguires a disciplina de partido.Anuncia o voto en contra do seu grupo.
A Continuación o Alcalde saca a moción a votación que resulta rexeitada co -DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS-DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS-DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO-DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO-DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ -DON JOSE NELSON SANTOS ARGIBAY-DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ-DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN 5 º)MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO B.N.G. SOBRE
MANTEMENTO DOS INVESTIMENTOS NO ENCINO PÚBLICO.-
Toma o uso da palabra DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ do grupo municipal do B.NG. para dar lectura da moción co seguinte contido.
“Para garantir a calidade educativa do ensino público de Galicia é necesario que o investimento público garanta o acceso á mesma en igualdade de condicións para todos os nenos e nenas. Esta premisa é aínda mais importante en época de crise xa que podemos ver acentuadas as diferenzas entre as familias para poder manter un acceso igualitario á educación. Non obstante, para o vindeiro ano 2011 os orzamentos de Educación da Xunta de Galicia sofren unha baixada importante de case un 7% que afasta cada vez máis a Galicia de conseguir o obxectivo de aproximarse ao 6% do PIB.
O preocupante desta caída é que afecta de forma moi directa á partida de investimento, xa que existe unha redución drástica que pode chegar a poñer en perigo a conservación e mellora dos centros de ensino públicos. Asemade a redución é moi significativa en partidas que teñen como destinatario directo o alumnado. De feito as bolsas para aprendizaxe de idiomas sofren un recorte de máis do 35%, as bolsas para realizar prácticas en empresas de formación profesional máis dun 52% e as bolsas para o alumnado universitario preto do 50%. Destacando tamén o elevado recorte que sofren as axudas ás ANPAs para a xestión de comedores escolares que chega a un 35%. Esta redución pode implicar que en moitos centros o servizo de comedor chegue a estar en perigo. Non obstante, e como mostra da liña política que segue o PP na Xunta de Galicia, a mesma Consellaría reserva 2 millóns de euros para cambiar os libros de texto de galego a castelán para o próximo curso.
Por todo isto, o Grupo Municipal do BNG proponlle ao Pleno da Corporaci6n Instar ao Presidente da Xunta de Galicia para que a Consellaría de Educación:
1. Manteña as partidas de bolsas para o alumnado, destinadas a estudar
idiomas, bolsas para as prácticas de FP e para os estudos universitarios, cun
importe como mínimo ao recollido nos orzamentos deste ano 2010.

2. Manteña a partida dedicada a axudas ás ANPAS para a xestión dos
comedores escolares cunha dotación que como mínimo se equipare á dos
orzamentos da Xunta de 2010.

3. Incorpore aos orzamentos de 2011 os recursos suficientes para que as
reparacións e mantemento dos centros públicos de ensino estea garantida.”
Sometida a votación a declaración de urxencia e inclusión na orde do día resulta rexeitada co seguinte resultado.
-DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS-DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS-DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO-DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO-DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ -DON JOSE NELSON SANTOS ARGIBAY-DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ-DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN 6 º)MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO B.N.G. SOBRE DEFENSA
DA SANIDADE PÚBLICA.-
Toma o uso da palabra DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ do grupo municipal do B.NG. para dar lectura da moción co seguinte contido.
“Existe moita preocupación entre a cidadanía pola situación e perspectivas da sanidade pública tanto do noso concello como da Área de Saúde á que pertencemos.
Nos últimos anos estamos observando e sufrindo unha deterioración dos servizos públicos que se concretan no caso da sanidade nun incremento das listas de espera, incluso en atención primaria; nun incremento da derivación a centros privados concertados; no peche dos hospitais pola tarde, na paralización do Plan de Mellora da Atenci6n Primaria e ultimamente na ameaza de privatización e financiamento público privado das novas infraestruturas sanitarias. Todo isto acompañado e, en parte, motivado pola redución de gasto sanitario público e a redución de recursos correspondente.
Cremos que estamos ante un momento importante para o noso concello, na que a Corporación Municipal, como representantes do conxunto da cidadanía, e indistintamente da forza política a que pertenzan os seus membros, deben estar á altura do que os veciños e veciñas demandan e traballar conxuntamente para que no noso concello se poida dispor e acceder a servizos da sanidade públicos de calidade.
Non se pode nin se deben admitir os intolerables niveis de saturación e de falta de medios e de recursos sanitarios que se estan a producir. Os concellos da Área de Saúde á que pertencemos, necesitan uns servizos públicos de sanidade acordes co desenvolvemento social, cultural e democrático dos tempos actuais.
Polo exposto, solicitamos do Pleno da Corporación municipal a adopción do PRIMEIRO. Demandar ao Goberno galego a adecuación dos orzamentos
da Consellaría de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ás necesidades reais de
contratación de persoal, cubrindo en todo momento o 100% das ausencias por
enfermidade, permisos e vacacións, que eviten a actual mingua da calidade
asistencial.

SEGUNDO. Esixir que, de forma inmediata, se doten dos recursos
necesarios ós centros de saúde do concello para evitar listas de espera .
TERCEIRO. Revisar os concertos cos hospitais e clínicas privadas e
eliminar aqueles que non sexan necesarios, tal como dispón a Lei Xeral de
Sanidade.

CUARTO. Manter o Plan de Mellora de Atención Primaria, garantindo a
adecuación dos tempos de consulta médica, a extensión dos coidados e plans de
coidados de enfermaría e dos servizos administrativos de atención ao usuario.

QUINTO. Redución drástica das listas de espera e tempos de demora das
consultas de atención especializada, probas diagnósticas, cirurxía e
procedementos terapéuticos.

SEXTO. Paliar a carencia de recursos públicos sociosanitarios da Área
Sanitaria, actualmente moi insuficientes, dadas as características de idade da
nosa poboación.

SETIMO. Manter os compromisos económicos establecidos coa nosa Área
Sanitaria, para desenvolver o Plan Director de Infraestruturas Sanitarias 2008-
2013 e o Plan de Investimentos en Alta Tecnoloxía Médica.

OITAVO. Financiar a construción e equipamento de infraestruturas
sanitarias mediante financiamento público 100% a traves do capítulo IV de
Orzamentos do Servizo Galego de Saúde ou, na súa falta, mediante a empresa
pública de investimentos Sociedade Pública de Investimentos de Galicia (SPI).

NOVENO. Apoiar cos medios dispoñibles as actuacións das organizacións
de defensa da sanidade pública galega e local.
DÉCIMO. Trasladar o presente acordo ao Presidente da Xunta de
Galicia, á Conselleira de Sanidade e ao conxunto da poboación, dándolle a
máxima difusión posible cos medios dispoñibles no Concello.”

Sometida a votación a declaración de urxencia e inclusión na orde do día resulta rexeitada co seguinte resultado.
-DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS-DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS-DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO-DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO-DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ -DON JOSE NELSON SANTOS ARGIBAY-DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ-DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN 7 º)MOCIÓN DO GRPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE
UTILIZACIÓN PÚBLICA DA CASA DA CULTURA.-
Toma o uso da palabra DON NICOLÁS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN do grupo municipal socialesta para dar lectura da moción co seguinte contido.
“Os grupos municipais representados nesta Corporación, teñen dende o inicio da democracia e a aprobación de diferentes normativas que regulan os réximes electorais, administrativos e políticos a nivel local, unha serie de dereitos que non se deben vulnerar, senón salvaguardar e promocionar.
Estes dereitos, implican non só a presentación ás eleccións, senón sobre todo, a capacidade dos grupos de exercer a súa labor política e de representaci6n dos veciños do Porriño en todos aqueles eidos que afecten a sua lexítima laboura, ven sexa acceder a expedientes, información, presentar iniciativas ou explicar a súa xestión ante os cidadáns.
É por elo, que tras a negativa a un grupo deste Concello a realizar un acto informativo na Casa da Cultura, amosamos a nosa indignación democrática ante uns feitos que non teñen precedente no noso Concello.
Se dacordo co artido 28 do ROF, os grupos teñen dereito a utilizar os locais da Corporación, enténdese que se refire a calquer local público municipal, previa solicitude en tempo e forma, polo que esta negativa, non amparada en ningún argumento legal nin racional, só parece esconder o medo do goberno á actividade dos grupos e á libre información e participación dos veciños na vida municipal. Excusas baratas que esconden a derrota ética dun goberno máis preocupado de "machacar" a democracia neste pleno, que a promocionar e salvaguardar o que a lei e a razonabilidade aconsellan.
É por elo, que queremos propoñer ao Pleno, a adopción do seguinte acordo:  Permitir o libre uso dos locais públicos do Porriño ós grupos municipais que o
integran, previa solicitude en tempo e forma, así como a todos aqueles
colectivos que pola súa utilidade social, laboral, económica ou cultural, teñan
necesidade do seu uso, sempre que non estén xa reservados nas datas
solicitadas.

Sometida a votación a declaración de urxencia e inclusión na orde do día resulta rexeitada co seguinte resultado.
-DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS-DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS-DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO-DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO-DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ -DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ-DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN 8 º)MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE
ACOLLIDA TEMPORAL DOS NENOS SAHARAUIS.-
Toma o uso da palabra DON NICOLÁS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN do grupo municipal socialesta para dar lectura da moción co seguinte contido.
“O Programa "Vacacións en Paz" é un proxecto de acollida temporal de menores saharauis que se ven desenvolvendo dende 1.996 e permite que, durante os meses de Xullo e Agosto, nenos e nenas de 8 a 12 anos saian dos Campamentos de Refuxiados saharauis de Tinduf e veñan a España acollidos por familias españolas que os tratan como a un máis da casa.
Este programa lévase a cabo polas distintas Asociacións de Amigos do Pobo Saharaui de cada provincia española en colaboración coa Delegación Nacional Saharaui e as Delegacións Saharauis nas distintas Comunidades Autónomas, cos seguintes obxectivos: • Evitar a estes nenos e nenas saharauis as altas temperaturas do deserto e as tormentas de area que tanto dano lles fan en ollos, dentes, garganta e oídos.
• Realizar revisións médicas que detecten e corrixan problemas de saúde.
• Suplir as carencias nutricionais necesarias para que, á súa volta, as súas familias biolóxicas consigan sacalos adiante.
• Manter e estreitar os lazos culturais entre ambos pobos, xa que non podemos olvidar que son os nosos irmáns e que foron tan españois como nós fai 36 anos.
• Contribuir a reparar a débeda histórica, patriótica e humana que temos contraída • Concienciarnos da súa situación e presionar ó nose goberno para que asuma a súa responsabilidade e apoie a realización do Referendo decretado pola O.N.U. que agora se pretende incumplir.
No caso particular do Concello do Porriño, temos que lembrar que dende fai anos, O Porriño foi un dos pobos pioneiros na implantación deste programa, que no ano 2006, por problemas concretos, xa superados, se interrumpiu sen solución de continuidade.
Na actualidade, entendemos que o Concello do Porriño debería recuperar este programa, habida conta de que se trata dunha iniciativa que debe quedar salvaguardada por riba de diferenzas persoais ou políticas, e ser restituída a súa vixencia co apoio económico e institucional do Concello do Porriño.
É por elo, que queremos propoñer ó Pleno, a adopción do seguinte acordo:  Que o Concello do Porriño inicie os contactos necesarios cos representantes
da Delegacion Saharaui competente na provincia de Pontevedra para
retomar o programa "Vacacións en Paz" no Concello do Porriño.

Que o Concello do Porriño asine un convenio de colaboración económica cos
representantes do pobo saharaui para poder apoiar económicamente as
viaxes dos nenos e nenas dende os campamentos ata O Porriño.”

Sometida a votación a declaración de urxencia e inclusión na orde do día resulta rexeitada co seguinte resultado.
-DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ-DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ-DONA OBDULIA DINIZ CARLOS-DON JUAN MARCOS RODRÍGUEZ NOVAS-DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO-DON NICOLAS IVÁN VAQUEIRO GRADÍN-DON MARÍA JOSEFA CARMEN SIO LOURIDO-DON FERNANDO RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ -DON JOSE NELSON SANTOS ARGIBAY-DON MANUEL CARRERA PUNZÓN-DONA MARÍA EVA ALVAREZ RODRÍGUEZ-DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO-DONA ANA MARIA MARTINEZ PARADELA-DON MARCELINO COTO TRONCOSO-DONA ROSA MARIA MORAIS RODRÍGUEZ-DON XOSÉ MANUEL XACOBO VAZQUEZ-DONA MARÍA DO CARME LOPEZ PALACIN Toma o uso da palabra DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ do grupo municipal do B.N.G.para solicitar a colocación de sinais circulación no lugar de Chan que indiquen os lugares de Mosteiro e Igrexa.
Asimismo, solicita a colocación de sinal de circulación para colocar á altura da farmacia de Budiño que indique BUDIÑO dirección ao Casal.
Remata solicitando que no índice de Decretos dictados pola Alcaldía que se facilita ós membros da corporación sexa máis detallado verbo do contido da resolución adoptada.
REGUNTAS:
Toma o uso da palabra DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ para formular as preguntas que de seguido se relacionan das que por parte do Alcalde se manifesta que se respostarán na vindeira sesión ordinaria do Pleno.
¿Ten coñecemento de que traballadores do Concello do Porriño, concretamente do servizo eléctrico, estiveron instalando unha liña eléctrica para dar servizo a unha vivenda privada na parroquia de Atios? ¿Por qué están na parcela municipal en Torneiros unhas pedras de mampostería retiradas dunha finca privada en Atios? ¿Deu o Alcalde ou algún concelleiro do goberno algunha orde ao respecto? ¿Ten coñecemento de que traballadores do Concello do Porriño, concretamente do servizo de forxa (talleres) estiveron retirando unha marquesina na rúa Domingo Bueno, concretamente da fachada do local de copas DOLCE? ¿Cal é a razón de que o pavimento de pedra, na recente urbanización Domingo Bueno, ao lado do centro cultural, sexa diferente á que lle precede nesa mesma beirarrúa? ¿Qué empresa está construíndo o muro no campo de Chenlo, ao lado da ¿Por qué as farolas que se instalaron dende o cruce da rúa tarela ate o pino manso na rúa Antonio Palacios son distintas ás que hai no primeiro tramo? Continua a sua intervención DON PEDRO PEREIRA FERNÁNDEZ para formular as preguntas que de seguido se relacionan ó Concelleiro DON MANUEL ALEJANDRO LORENZO ALONSO e que non obtiveron resposta polo citado concelleiro.
No cambio de ubicación da biblioteca, da escola unitaria para o local da Entidade, non se colocaron tódolos libros que estaban na escola unitaria. ¿Onde están os que non se puideron colocar? Cal foi a razón de non convidar aos concelleiros da corporación do concello do Porriño á inauguración do campo de fútbol de Chenlo, cando sí se convidou a distintos persoeiros doutras administracións? ¿Cree vostede que esa é unha actitude correcta como presidente da entidade menor de Chenlo? ¿Ten vostede coñecemento de que a Consellería de Industria a través do departamento de minas, contempla como obxectivo promover unha área mineira nos montes de Chenlo? Sabe vostede dalgunha novidade sobre o expediente de explotación mineira A continuación intervén DONA MIRIAM MARTINEZ TRONCOSO para formular as preguntas que de seguido se relacionan dirixidas á Concelleira delegada de Medio Ambiente.
“Dende hai cinco anos este concello ven de organizar unha Feira de Produtos Ecolóxicos e Naturais que ten lugar nas datas comprendidas entre outubro e novembro dos últimos anos.
“A feira, coñecida como Feiraviva, converteuse nunha feira distinguida pola súa peculiaridade, atraía a persoas da vila e a comarca e inseriuse no calendario de eventos do Porriño.
Desenvolvíanse durante dous dias obradoiros para crianzas e adultas e a mostra de produtos ecolóxicos de diferentes sectores: alimentación, roupa, bioconstrución. así como demostración de oficios tradicionais galegos.
Deste xeito conseguíanse presentar exemplos de producción respectuosa co medio, dar a coñecer un modo de vida sustentable así como outras opcións de alimentación mais sá, difundir a nosa localidade como lugar de encontro de produtos comarcais e crear un grupo de persoas sensibilizadas co consumo responsable e coa contorna natural. Xa que a feira se producía coincidindo co remate dunha programación formativa na concellaría de medio ambiente, conseguiuse implicar a un grupo xeitoso de persoas que participaran nos cursos ao longo do ano na organización do evento.
Cunha asistencia aproximada de 5.000 persoas e un custe asumible para o concello do Porriño que variaba entre os 2.000 _ e 3.000 _.
A día de hoxe non temos conecemento de que a Concellaría de medio ambiente estea xestionando este evento, e a pregunta que facemos é: ¿Cal é o motivo que levou ao grupo de goberno a suprimir a Feira de Produtos Ecolóxicos e Naturais tendo un custe tan asumible e sendo unha actividade de interese Resposta DONA ROSA MORIAS RODRÍGUEZ para indicarlle á Sra. Marttinez Troncoso que máis lle valería preocuparse da falla de entrega dos diplomas da derradeira Feira que de porque non se celebrou este ano.
De seguido, intervén DONA OBDULIA DINIZ CARLOS do grupo municipal do B.N.G. para formular a seguinte pregunta á Concelleira delegada de Igualdade.
“O pasado día 25 de novembro celebrouse o día internacional en contra da violencia de xénero. Con motivo da celebración deste día o Concello do Porriño
programou diversos actos, pero non programou, dentro dos mesmos, a convocatoria da
manisfestación, como era habitual nos últimos anos. ¿Cal foi a razón de anular a
manifestación, polas rúas do Porriño, en contra da violencia de xénero?
Non hai resposta pola Concelleira delegada de Igualdade.
De seguido, intervén DON RAUL FRANCÉS RODRÍGUEZ do grupo municipal do B.N.G. para preguntar pola situación do contrato menor para a prestación do servicio da Escola Municipal de Música respecto do que nos vindeiros días vencerá á sua duración de dous meses.
Continua a sua intervención solicitando do Alcalde que resolva os problemas dos baños e da hixiene do Colexio Fernández López.
De seguido, intervén DONA MARÍA CARMEN SIO LOURIDO para preguntar sobrea a situación do expediente de ampliación do Centro de Saude de O Porriño.
A continuación pregunta. ¿Pedíuse o cumprimento da sentencia de derribo da Rua do ando? ¿Rclamaouse da entidade promotora a entrega das prazas de garaxe que lle corresponden ó Concello de O Porriño en cumprimento do convenio urbanístico?: Instervén DON NICOLÁS IVÁN VAQUEIRO GADÍN para entregar o Alcalde o listado de preguntas que se seguido se relaciona. Pola Alcaldía se indica que se respostarán na vindeira sesión do Pleno Corporativo. 1.- Tendo coñecemento de que o concello está a realizar a obra de colectores auxiliares no Polígono de As Gándaras, por conta da empresa Narom S.L. , obra correspondente ó FEESL 2010, gustaríanos saber: Por qué non se aproveita a obra para executar o cableado de fibra óptica como se fixo en outras moitas obras no casco e no propio polígono de A Granxa.
¿É certo que a empresa Narom, S.L. non ten interese en realizala? ¿Pensa facer algo o goberno neste tema cando inda non se pode? 2.- Tendo en conta a promesa realizada na prensa de 2010 de que o Orzamento estaría aprobado antes dun mes, tendo en conta as promesas realizadas por este gobemo e as declaracións do Alcalde recentemente de que non se presentarían as contas do 2010, ¿Cando estiman ter o borrador de Orzamentos 2011? ¿Recollerá este novo orzamento os compromisos laborais acadados no novo convenio? ¿Recollerá o novo orzamento os compromisos laborais acadados no novo convenio? 3.- Achegándose o final de ano, amosamos a nosa preocupación pol a inexistencia de información sobre as obras de soterramento do tendido e1éctrico de As Gándaras, e da posible perda de fondos da Consellaría para este fin. Sobre este particular, ¿Cáles foron as xestións do goberno para tratar de salvar esta obra? ¿Estímase posible todavía executalos vía addenda ó convenio? 4.- ¿Cal foi a contía do Convenio ACIPOR-Concello para 0 2010 asinado recentemente? 5.- ¿Cales foron (desglosados), os gastos realizados nas Festas do Cristo 2010? 6.- ¿Cal é o estado das negociacións para a execucion das obras de reforma do Centro 7.- ¿Cal é a razon de que se denegue o usa de locales públicos para actividades dos grupos municipais como recolle o art. 28 do ROF? ¿Vai ser ésta unha tónica xeneralizada? ¿Cal vai ser o uso destes locais en precampaña e campaña electoral? 8.- ¿Existe algunha razón para que a empresa Narom S.L. esté sendo adxudicataria de tantas obras do Concello vía negociado de contratación? 9.- Sobre os sucesos acaecidos estes últimos días referentes ós conflictos da etnia xitana sobre o mercado e as ameazas sufridas por éstes dun colectivo extorsionador, gustaríanos saber: ¿Qué xestións se realizaron neste campo? ¿Déuselles asesoramento policial e xurídico dende o concello? ¿Qué pensa facer o gobemo local para protexer ós seus cidadáns neste eido, pois estas persoas son porriñesas? ¿Cal é razón da nota de prensa publicada este sábado na que se daba como "non preocupante" a marcha destes 300 porriñeses? 10.- Sobre as obras do FEESL, gustarianos coñecer se: ¿existe un seguemento das obras contratadas en canto á xeneración de emprego? ¿Cales foron os datos de xeneración de emprego nas obras concedidas ó Porriño? 11.- Vistas as dec1aracións realizadas polo gobemo local este domingo, relativas á suba de taxas municipais, ¿pensa o gobemo derogar a subida de taxas e impostos E non habendo mais asuntos que tratar o Sr. Alcalde levanta a sesión sendo as Vinteunha horas, de tódo-lo que eu, Secretario Xeral,dou fé.
ASINADO: JOSÉ NELSON SANTOS ARGIBAY ASINADO: EDUARDO PORTELA FERNÁNDEZ

Source: http://www.concellodoporrino.net/opencms/export/sites/default/oporrino/galeria/download/Acta_sesion_ordinaria_29-11-2010.pdf

Fmd- patientenblatt.cdr

“Full mouth disinfection” Keimbekämfpung in der gesamten Mundhöhle Mit dieser Behandlung wird eine Bekämpfung der bakteriellen Infektion mit krankheitsverursachenden Keimen vorgenommen. Dies erfolgt durch eine intensive Reinigung des gesamten Mund-Rachen-Raumes, unterstützt durch das antibakteriell wirksame Medikament Chlorhexidin. Im Rahmen der Vorbehandlung kann mit d

03-5202 dep sprinkles.pdf

This information is intended for U.S. residents only. DEPAKOTE® Sprinkle Capsules DIVALPROEX SODIUM COATED PARTICLES IN CAPSULES BOX WARNING: HEPATOTOXICITY: HEPATIC FAILURE RESULTING IN FATALITIES HAS OCCURRED IN PATIENTS RECEIVING VALPROIC ACID AND ITS DERIVATIVES. EXPERIENCE HAS INDICATED THAT CHILDREN UNDER THE AGE OF TWO YEARS ARE AT A CONSIDERABLY INCREASED RISK OF DEVELOPING FATAL

Copyright © 2014 Articles Finder